Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darllsa a benvida ao lugar onde vivirán para sempre: un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube... Zapatos narra tódalas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.