A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para o público cativo que ten dez anos de traxectoria. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe e banda de Guadi Galego), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen catro libros-CD no mercado publicados: A Gramola Gominola (2015), Cancións para desafinar (2017) Bravas. O rexurdir da luz (2019) e O Nadal coa avoa Fina (2024).