¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

A AsSircópatas leva dende o ano 2003 medrando sen presa e sen pausa utilizando a rúa e o circo como ferramentas imprescindibles de traballo. O seu fundador, Dani Blanco, é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. A compañía atopa na rúa e no circo o espazo e a ferramenta para partillar algo que non quere quedar dentro, unha forma particular de ver o mundo, o humor, a vida e os conflitos: dun xeito libre, real, absurdo, intelixente, estúpido, reflexivo, novo... Así, Dani Blanco transforma rúas en teatros e teatros en rúas.

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar