AsSircópatas naceu en 2003 e desde entón estivo presente en máis de 15 países, utilizando o circo como ferramentas imprescindibles de traballo. O seu fundador, Dani Blanco, é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. A compañía atopa no circo o espazo e a ferramenta para partillar algo que non quere quedar dentro, unha forma particular de ver o mundo, o humor, a vida e os conflitos: dun xeito libre, real, absurdo, intelixente, estúpido, reflexivo, novo... A triloxía do pallaso Rogelio leva percorridas prazas, rúa e escenario de toda Galicia. Rogelio III. La fête foi finalista a mellor espectáculo para público familiar nso Premios María Casares 2025. En outrono de 2026 estreará Oh!, o seu primeiro espectáculo de sala, en coprodución co FIOT.