Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos actores Tone Martínez e Alba Bermúdez, ten percorrido gran parte dos centros educativos de Galicia cos seus espectáculos didácticos De Leria con Castelao, O Contador de Contos, Contos no Faiado e O Xogo das Letras. No 2017 coproduce xunto co FIOT o seu primeiro espectáculo de gran formato Muiñada. A súa vertente artística hai que lle engadir a súa labor de formación teatral, que no último ano chegou a máis de 200 alumnas e alumnos. Galeatro nace coa intención de achegar as artes escénicas a un público familiar, contando, para isto, con dramaturgas galegas vivas. Así, o seu primeiro espectáculo de gran formato, Muiñada, foi escrito por Ana Carreira e a súa segunda montaxe Carabela, por Paula Carballeira. No presente a compañía atópase presentando o seu novo espectáculo wombo combo.