¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

Música para os máis pequenos, música para os corazóns máis grandes. Golfiños pretende chegar ao corazón das familias con ritmos e melodías moi diversas que beben de todos os estilos musicais. As cordas dunha guitarra e as teclas dun piano son a alfombra máxica que transporta a voz de Elena Paz a un mundo de aventuras únicas, coas que podes bailar, cantar e brincar no mundo das emocións. A través da súa música Golfiños formou parte de proxectos como Galitoon ou Baobab no eido teatral e tamén teñen presenza en espazos televisivos. O seu primeiro traballo ; “Té, chocolate, café”, co que conseguiron ser finalistas nos premios Martín Códax da Música. Os seus traballos máis recentes son "O soño dos golfiños" ou "Silforiña".

 

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar