¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

O Paporrubio nace en Lalín no ano 2013 da man de Luchi Iglesias. A súa personalidade enredante e argalleira fixo que dende moi novo se interesase polas formas de diversión da xente, o que unido ao seu traballo de actor, titiriteiro e escenógrafo deu como resultado O Paporrubio. Este é un proxecto que xira ao redor dos xogos populares, sempre á procura da súa revitalización a través da inclusión de elementos teatrais, musicais e plásticos, pero que non esquece o que de lúdico e comunitario teñen de por si os xogos tradicionais. Paporrubio nace en base a dúas liñas de traballo moi definidas e dependentes unha da outra: A artesanal e a escécnica. Dedicadas á construción e recuperación de brinquedos da nosa tradición, á investigación e produción de xogos orixinais que actualicen e manteñan o imaxinario da nosa cultura popular. E á súa mostra en festas, feiras e actividades escolares.

 

ESPECTÁCULOS

Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar