¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

 

Proxecto finalista dos Premios Martín Códax da música galega en 2022, Anxo Araújo presenta 'Plan de urbanismo para un novo couto mixo'. En palabras de Jose Rey de Mondosonoro «o compositor e músico pontevedrés retrata historias de anhelos e decepcións cun filtro de feliz tristeza para convertelas no eixo imaxinario das dez cancións seleccionadas neste primeiro disco que crece con cada escoita, aproximándose á órbita de traballos imprescindibles do pop galego.» En 2023  presentou Por que tivemos que discutir? e Esta noite de San Xoán, dous novos single de adianto do seu próximo traballo.
Anxo Araújo achega estes traballo para seguir sumando ao efervescente e prolífico momento que vive a música galega cun pop que, máis que nunca, se achega á tradición cun proxecto de banda cos ventos como sinal de identidade.