PAVA é a proposta musical da poeta e compositora coruñesa Lucía Aldao. Un directo eléctrico e pegadizo que vai da psicodelia ao pop rock máis alternativo con tintes de crúas guitarras velvetianas. Nos traballos discográficos de Aldao sobrevoan as sombras de xigantas como PJ Harvey, a personalidade da súa voz e a forza das súas letras orbitan na elipse das novas voces femininas xurdidas nos últimos anos ao outro lado do Atlántico. Analís Guillín (batería), Pablo Silva (guitarra) e David Santos (baixo) acompañan a Aldao neste proxecto musical expansivo. Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica son o fío condutor dos traballos de PAVA, unha das propostas máis orixinais e contundentes do pop galego actual.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Lucía Aldao: voz, guitarras
Analís Guillín: batería
Pablo Silva: guitarra eléctrica
David Santos: baixo

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar