QUEN SOMOS?

SOMOS A URDIME

A URDIME é o conxunto de fíos paralelos que se manteñen en tensión nun ​marco ou tear, formando a base necesaria para que ao entrelazarse coa trama sexa posible a creación dun novo tecido.
Se nos atemos ao significado, “URDIME” nace froito da unión das sinerxias de varias profesionais da xestión cultural, construindo pontes e camiños que xuntan coñecementos e enerxías, co fin de xestionar proxectos culturais.

Tecemos entre todas un equipo de persoas, á disposición da cultura, que dispoñen das ferramentas necesarias para levar a cabo propostas culturais, que achegan a todo o territorio galego artistas de larga traxectoria e novas compañías, mantendo unha actividade profesional de comunicación constante e creativa para achegarnos á comunidade

A nosa URDIME componse de tres fios básicos:

QUE FACEMOS?

ACCIÓN CULTURAL


Un dos principais labores que desenvolve URDIME,  é o  deseño e produción de propostas culturais co obxectivo de contextualizar con maior certeza e elaborar de xeito máis viable as propostas desexadas..

DISTRIBUCIÓN


En URDIME, intégrase unha das principais distribuidoras de artes escénicas de Galicia especializada no ámbito infantil e xuvenil.

PRODUCIÓN


Lévase dende dentro da propia Urdime a execución de todos os proxectos deseñados, pois dispoñemos tanto dun equipo profesional de produción coma das infraestruturas precisas para levar a cabo a construción de cada evento.

+

ACCIÓN CULTURAL

Entre os principais labores que realiza URDIME están o deseño de eventos culturais e o asesoramento ás institucións, tanto públicas como privadas, na contextualización de proxectos e na execución dos mesmos.

Movidas sempre pola intención de achegar ao público diverso experiencias novidosas, as propostas que saen da nosa URDIME caracterízanse tanto pola calidade da programación artística que as vertebra como polo deseño global que as identifica e que vai dende a creación dos recursos gráficos para imprenta e web ata a ambientación dos espazos onde teñen lugar. A interdisciplinariedade da equipa que forma URDIME facilita, ademais, a realización integral de cada proxecto, permitíndonos asumir o desenvolvemento do ciclo enteiro de vida dun proxecto, dende o seu nacemento ata a súa produción, de maneira interna.

Así pois, ao longo da nosa traxectoria, tal e como amosamos no apartado de Acción Cultural, fomos levamos a cabo un amplo abano de actividades que nos avalan e que poñen de manifesto a nosa capacidade para proxectar e materializar todo o que unha proposta cultural profesional require.

+

DISTRIBUCIÓN

En URDIME, intégrase unha das principais distribuidoras de artes escénicas de Galicia especializada no ámbito infantil e xuvenil.

O desenvolvemento deste labor de distribución naceu no seu momento dunha necesidade existente no sector das “artes escénicas”, concretamente das compañías encargadas das producións artísticas. Cando unha compañía se enfronta á súa consolidación debe ter en conta o coidado de factores como a produción artística e técnica, a comunicación, a distribución ou a xestión administrativa. Para isto, en todos os casos se precisa dunha dedicación que poida estar á altura dun proxecto profesional, algo que excede a capacidade de moitas compañías.

Existen varios servizos que as compañías poden chegar a externalizar; empresas de comunicación encargadas do deseño de campañas, xestorías que organizan a parte administrativa, ou produtoras e distribuidoras encargadas da contratación dos espectáculos. Polo que aposta URDIME é por ofrecer estes servizos de forma integral, a un volume de compañías fixo e en exclusividade de distribución.

Así pois, en axuda ás compañías funciona esta área de distribución. A elección das compañías que actualmente traballan con URDIME vén marcada por varios criterios definidos, entre eles os artísticos e educativos. Xuntas conforman unha marca de identidade que pon de relevo a necesidade de ofrecer uns produtos culturais de calidade.

+

PRODUCCIÓN

En URDIME dispoñemos das necesidades técnicas e loxísticas precisas para asegurar unha produción exitosa tanto dos proxectos culturais que nós deseñamos coma daqueles para os cales se nos solicita a súa materialización. Neste caso ofrecemos tanto os nosos servizos de deseño gráfico e escénico coma de montaxe, produción de directo e desmontaxe, para os cales ofertamos os nosos medios técnicos (equipos de son, iluminación e infraestruturas), garantindo altos niveis de calidade e seguridade

Pin It on Pinterest

Comparte