SOMOS A URDIME
URDIME é o conxunto de fíos paralelos que se manteñen en tensión nun marco ou tear, formando a base necesaria para que ao entrelazarse coa trama sexa posible a creación dun novo tecido.
Se nos atemos ao significado, “URDIME” nace froito da unión das sinerxias de varias profesionais da xestión cultural, construindo pontes e camiños que xuntan coñecementos e enerxías, co fin de xestionar proxectos culturais.
Tecemos entre todas un equipo de persoas, á disposición da cultura, que dispoñen das ferramentas necesarias para levar a cabo propostas culturais, que achegan a todo o territorio galego artistas de larga traxectoria e novas compañías, mantendo unha actividade profesional de comunicación constante e creativa para achegarnos á comunidade.
A nosa URDIME componse de tres fios básicos: